O director da web Anosacosta e poeta Xosé Manuel Lema ven de gañar o XII Certamen de Poesía "Anduriña Voandeira"que organiza Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, polo seu traballo Os salaios dos náufragos, inspirado, segundo o autor, “na costa de Camariñas e Corme”e que é unha “homenaxe os mortos no mar que cada noite rememoran as súas singladuras”.
O segundo premio do certame foi para a ceense Rocío Leira.
Xosé Manuel Lema, natural da Ponte do Porto, no concello de Camariñas, ten publicados ata o de agora os poemarios Os dentes da noite e Cartafol de néboas.