Os editores galegos, cataláns e vascos reunidos en torno a GALEUSCA organizan na illa de San Simón o sexto encontro do colectivo, que se desenvovlerá dende mañá ata o vindeiro domingo e reunirá a perto de 25 profesionais relacionados co ámbito do libro, que participarán na materialización dun programa centrado no libro e a lectura , temática que será abordada dende a perspectiva dos diversos territorios con lingua propia.
As sesións de traballo comezan o venres á tardiña e rematarán coa lectura das conclusións o domingo a primeira hora da mañá. Catro paneis recollen as diversas intervencións dos editores:
- Iniciativas e accións a prol da visibilidade do libro e o fomento da lectura realizadas polas institucións públicas.
- Iniciativas e accións a prol da visibilidade do libro e o fomento da lectura realizadas por cada un dos gremios.
- Iniciativas e accións a prol da visibilidade do libro e o fomento da lectura realizadas por empresas ou institucións alleas ao sector.
- Iniciativas sociais e accións a prol do fomento da lectura.