A III Festa da Palabra homenaxeará ao poeta Xosé María Díaz Castro, de quen este ano se celebra o cincuenta aniversario da súa obra Nimbos.
O acto, organizado polo PEN Clube de Galicia e promovido polo seu presidente Luís G. Tosar, terá lugar este sábado a partires das 12.00 h. na Ínsua dos Poetas, en Esgueva, Madarnás, concello do Carballiño.
Nesta III Festa da Palabra, que terá como mantedor literario ao presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, participarán varios estudosos da obra de Díaz Castro. Neste acto terá lugar a inauguración da escultura Nimbos de luz de Xosé Cid. Como en edicións anteriores haberá un xantar literario onde veciños de parroquias colindantes departirán cos escritores e artistas.