A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á Catedrática e profesora de Filosofía moral e política María Xosé Agra (Compostela, 1956) este mes de xullo.
María Xosé Agra é Doctora en Filosofía e desenvolve un importante labor de promoción da igualdade e de investigación no campo da filosofía política e do feminismo. Catedrática e profesora de Filosofía moral e política da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, as súas liñas de investigación desenvólvense sobre filosofía política, teorías da xustiza e teoría crítica feminista. Dirixiu diversos proxectos de investigación e teses de doutoramento nestas liñas. Forma parte de grupos de investigación relacionados co feminismo, a cidadanía, a multiculturalidade, igualdade, etc...