A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á científica Ángeles Alvariño (Serantes, Ferrol, 1916 – La Jolla, California, 2005) este mes de abril.
Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.
Dende pequena Ángeles Alvariño destacou polo seu afán de coñecemento e gusto pola lectura. Estudiou Ciencias naturais e a pesares de que o Instituto Español de Oceanografía non admitía mulleres, ela traballou para el e pola calidade do seu traballo admitírona en 1950. Foi a primeira muller que serviu como científica nun buque de investigación británica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos e foi considerada coma unha das máis prestixiosas científicas do mundo. Vilariño chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Os seus traballos científicos orixinais alcanzan o centenar.
Desde 1976 Ánxeles posúe numerosos nomeamentos académicos en diversas universidades. Logo de retirarse segue investigando, a súa obra máis destacada desta época é o estudo sobre a expedición de Malaspina, patrocinado pola Xunta de Galicia.
Ánxeles Alvariño foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993.