O venres 9 e sábado 10 de novembro, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), (R/ de San Lázaro, 107) de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos), organiza as II Xornadas de Literatura e Ensino, este ano baixo o lema Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá.
Rui Torres abrirá a conferencia inaugural das xornadas coa ponencia Literatura digital e ensino criativo: a escrileitura como ferramenta de releitura crítica da tradição. De seguido haberá unha mesa redonda titulada Eu son do Club de Lectura, e ti?, que contará coa participación de nx0woeph Ghanime Lopes, Concha Costas, Miguel Ríos e María nx0woé Díaz Pinheiro. Para rematar coas actividades deste primeiro día María Lado e Lucía Aldao ofrecerán o espectáculo poético Con dez poemas por barba.
A xornada sabatina principiará coa conferencia de Agustín Fernández Paz titulada Literatura infanto--xuvenil: unha clave literaria con función competencial normalizadora?. De seguido o profesor Ramón Nicolás falará sobre Celso Emilio Ferreiro no seu centenario: voz dun tempo e dunha terra. Francisco Castro, Fina Casalderrey e María Reimóndez pecharán as sesións da mañá coa mesa redonda Xoga a literatura infanto-xuvenil na 1ª ou na 2ª división?.
A quenda da tarde comezará cunha nova mesa redonda, desta volta a propósito do tema Coloca as túas mans sobre a poesía, que contará coas intervencións de Ledicia Costas, Ángel Núñez Ramos e Dores Tembrás.
Como despedida destas II Xornadas, Lucía Aldao, Daniel Landesa, Lorena Souto, Xabier Xil Xardón, Ledicia Costas e o músico Mig Seoane ofrecerán o espectáculo poético musical A hostia en verso.
A asistencia a estas xornadas son de balde.