Ler librarías, a franquicia de librarías con sede no concello de Santa Comba, ven de recibir o XIX Premio de Publicidade en galego que convocan os consellos asesores da RTVE en Galicia e da CRTVG, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola campaña 'Ler Muros'. A campaña foi promovida por Radio Nordés.
Os outros dous gañadores foron o INEGA e Adegas e Viñedos Vía Romana.