A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (BVMC) ven de inaugurar o soportal dedicado ao escritor galego Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis grande e recoñecido en canto a literatura infantil e xuvenil.
O soportal de Fernández Paz na BVMC está dirixido por Blanca-Ana Roig e M.ª Isabel Soto e está dividido en cinco bloques, onde se recolle información biográfica de Agustín, un apartado bibliográfico con toda a súa obra e acceso a fragmentos das mesmas, un apartado con estudos sobre o autor e a súa obra, un completísimo álbum fotográfico e unha sección de ligazóns.
Este soportal supón unha magnífica invitación para achegarnos á figura do vilalbés.