Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A AELG nomea á escritora portuguesa Lídia Jorge Escritora Galega Universal

Rate this item
(0 votes)

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou nomear Escritora Galega Universal a autora portuguesa Lídia Jorge. Este recoñecemento sustentase en sólidos argumentos: o seu compromiso ético coas causas da dignidade do pobo portugués e por ser creadora dunha extensa e intensa obra, valorada tanto en Portugal como nos máis diversos idiomas ao que foi traducida, no que a muller portuguesa ocupa un lugar de centralidade. Lídia Jorge é talvez a escritora en activo máis recoñecida das letras portuguesas, afirmación na que concordan a crítica máis exixente e o público lector.

Con este nomeamento, Lídia Jorge súmase á lista de Escritores/as Galegos/as Universais conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda e nx0woé Luis Sampedro.

Lídia Jorge licenciouse en Filoloxía Románica e preferiu ser profesora do ensino secundario a asistente na facultade para ter tempo para escribir. Leva 30 anos de carreira, con 15 volumes maiores alén de varias decenas de ensaios e contos. A súa mestría no dominio da lingua portuguesa fica patente neles, nun estilo de sintaxe ampla que ilumina as profundidades por onde guía con naturalidade a lectura.

O recoñecemento chegou cedo, despois de A Costa dos Murmurios (1988) que decorre na África da colonización portuguesa durante o período bélico. O éxito dese romance abriu camiño para unha adaptación fílmica de Margarida Cardoso igualmente premiada. A forza da vivencia psicolóxica das experiencias femininas xa estaba nese libro, nas dúas mulleres centrais, Evita e Helena. Tamén en Notícia da Cidade Silvestre existe un binomio feminino, Júlia Grei e Anabela Cravo. Mulleres e densidade tamén na súa máis recente obra, precedida por O Romance do Grande Gatão (2010), Contrato Sentimental (2009), Praça de Londres (2008), O Grande Voo do Pardal (2007). E anteriores que xa por aquí circularon con éxito: Combateremos a Sombra (2007), historia dun psicanalista que vai servir de pretexto para nos revelar unha ousada realidade de misterio absolutamente inesperada; O Belo Adormecido (2004), seis contos con protagonismo para xoves e adolescentes; O Vento Assobiando Nas Gruas (2002), confronto de dúas familias desemellantes, unha delas acabada de chegar de África, historia que recolleu o Grande Premio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores, o Premio Correntes d’Escritas/Casino da Povoa, e cuxa publicación na Alemaña coincidiu co Premio Albatroz da Fundação Günter Grass polo conxunto da obra. O Vale Da Paixão (1998), Premio D.Diniz da Fundação da Casa de Mateus, Premio PEN Clube Português de Ficção, Premio Máxima de Literatura, Premio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa e Prix Jean Monnet de Littérature Européenne. En fin, a lista de premios, como a de títulos, é longa, como tamén a enumeración dos países onde se acha publicada, Francia, Alemaña, Brasil, EUA, España, Grecia, Suecia, Italia, Israel, Islandia, Iugoslavia, Reino Unido...

A Noite das Mulheres Cantoras é o mais novo romance de Lídia Jorge. Retrata admirabelmente, como noutras ocasións, as mudanzas nun cadro realista, histórico e social desta vez máis recente, a acción a rodopiar à volta do final dos anos 80 do século XX, e cun tema, como avisa a editora, «de inesperada audacia –o da forza da idolatría e a construción do éxito– visto a partir do interior dun grupo, narrado 21 anos máis tarde, na forma de monólogo». Grupo e construción do éxito dentro do ambiente da música, unha atmosfera exposta con autenticidade na que se inscribe a historia de varias raparigas, banda de 'mulleres talentosas' aí mergulladas, nunha montaxe en libro que consegue seducirnos desde a primeira á última páxina.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!