Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentou a semana pasada a publicación Achegar os arquivos históricos e utilizar fontes primarias como ferramentas fundamentais na reconstrución e interpretación dos acontecementos do pasado, dirixida a arquiveiros e a profesores de historia dos Centros de Ensino de Secundaria de Galicia. Para o director xeral, “os arquivos son laboratorios da historia pero tamén materia para o estudo, a reconstrución e a interpretación do pasado; son unha acumulacións de documentos administrativos producidos de forma natural polos organismos públicos, empresas, asociacións, familias ou simples individuos”.
Os White Ravens son as distincións coas que todos os anos a Internationale Jugendbibliothek de Munich selecciona os libros de todo o mundo máis importantes en literatura infantil e xuvenil. Son en total 250 títulos en 36 linguas, que pasarán a formar parte dun catálogo e estarán presentes na Feira do libro Infantil de Bologna, a cita máis importante en LIX do mundo. En galego son dúas as obras escollidas: Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) de Pinto&Chinto e O pintor do sombreiro de malvas (Xerais) de Marcos Calveiro. Estes dous libros xa recibiron hai un par de meses…
A Universidade de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizan o VIII Curso de Formación Contínua As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora: O álbum infantil, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 8 de setembro do ano en curso na Facultade de Filoloxía da USC. Dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou, o presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, con todo, dunha transcendencia fundamental en…
A Concellería de Educación de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, coa colaboración coa Galería Sargadelos e da Deputación da Coruña, organizan a XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, que arrancará mañá e vaise prolongar ata o 30 de abril, con sesións de contacontos e obradoiros para escolares, xornadas formativas para o profesorado, exposicións, encontros con ilustradores e actividades abertas ás familias, e onde se agarda que chegue a máis de 5000 nenos e nenas de Santiago e da súa bisbarra. O programa inclúe unha serie de actividades diarias, a desenvolver na Galería Sargadelos e destinadas aos centros de…
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza Tíralle da lingua, un proxecto dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. As bases do concurso, recollidas na web www.as-pg.com, indican que as historias poderan ser de base popular, de base literaria ou creación propia e non poderán exceder dos cinco minutos. O concurso vai destinado a tres niveis académicos: Primaria,…
Un total de 128 traballos participaron na 39ª edición dos premios literarios Minerva, organizados polo colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela. Foron un total de 84 na modalidade de narrativa e 44 en poesía. En narración o gañador foi Ismael Ramos Castelo, de 16 anos e alumno de 1º de Bacharelato do I.E.S. Virxe do Mar, de Noia, polo seu relato Crónica dos días que te fuches. O segundo premio foi para Antía Monteagudo Alonso, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do I.E.S. Rosais-2 de Vigo, pola súa obra www.almasenpena.com. E o terceiro premio correspondeu a María…
Os membros do xurado do concurso literario Ánxel Casal, presidido pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deu a coñecer os gañadores da XVI Edición, que neste caso recaeron en alumnos de colexios e institutos de Santiago, Noia e Boiro. En total presentáronse case 40 traballos chegados de toda Galicia. Na modalidade de poesía, o primeiro premio recaeu en Ismael Ramos Castelo, do I.E.S Virxe do Mar, de Noia, polo traballo Casa Tomada. Segundo o xurado, "hai que destacar o traballo na arquitectura do poemario constituído por catro partes e un post scriptum. É interesante o diálogo entre as citas, dunha…
O autor vilaboés Manuel Lourenzo González fíxose coa vixésimo sexta edición do premio O Barco de Vapor, organizado pola Fundación SM pola obra Mundo ARB. O xurado do premio, formado por Manuel Figuerias Fernández, especialista en literatura infantil e xuvenil; Isabel Soto López, crítica literaria e tradutora; e Xavier Senín, catedrático de Bachelerato e escritor, sinalou que a novela gañadora é “unha narración chea de imaxinación e fantasía, que destaca polo atinado deseño do mundo no que transcorre, coa utilización dunha linguaxe propia que da conta de todas as súas peculiaridades”. Igualmente, o xurado destacou que a intensa viaxe chea…
O relato This Strange Lucidity (Esta estraña lucidez) de Agustín Fernández Paz, incluído no libro O único que queda é o amor (Xerais) foi incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, editado por Aleksandar Hemon. A devandita antoloxía aparecerá publicada no mes de novembro cunha tiraxe de 15.000 exemplares. Esta é a primeira vez que a famosa antoloxía recolle a obra dun autor galego.
O Servizo de Normalización Lingüística do concello de Redondela e as Bibliotecas públicas deste concello organizan, por terceiro ano consecutivo, a Semana do libro, a festa das palabras. A conmemoración, o vindeiro 23 de abril, do día do libro, serve de pretexto para facer esta exposición multilingüe, que se instalará en espazos pouco convencionais (como as alamedas ou a entrada dos multiusos), e que este ano ademais, visitará os centros de ensino de primaria do concello cunha biblio-caravana. Grazas á colaboración das diferentes institucións ás que se solicitaron os libros: Instituto Camðes, Euskararen Donostia Patronatua (Servizo de promoción do éuscaro…
Páxina 24 de 26

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
17
19
20
21
26
27
28
29
31