O premio Frei Martín Sarmiento, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas de FERE de Galicia, e que se concede ás mellores obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego, máis outra categoría para adultos, ven de facer público os títulos das obras finalistas. Este premio ten a singularidade de que os gañadores son elixidos a través do voto dos seus lectores finais, onde participan miles de nenas e nenos a través do colexio.
Finalistas da XII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento:
Educación Infantil
Unha viaxe polo mundo (Galaxia) de As Maimiñas.
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
Unha viaxe polo mundo (Galaxia) de As Maimiñas.
A Burra Ramona (Baía) de Paula Carballeira.
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
Rubicundo (Xerais) de María Canosa.
As aventuras de Enrico Müller (Edebé) de Xavier Frías Conde.
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
Todos os soños (Tambre) de Xavier Estévez.
Formig4s.Misión Nova York (Xerais) de Pere Tobaruela.
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
Miña querida Sherezade (Baía) de Andrea Maceiras.
O veleno da risa (Xerais) de Jaureguizar.
5ª categoría: 3º e 4º de ESO
A neve interminable (Xerais) de Agustín Fernández Paz.
De cristal (Xerais) de Silvestre Gómez Xurxo.