A editorial lucense Ouvirmos ven de lanzar ao mercado os dous primeiros volumes da colección 'Cociña infantil e familiar'.
Bocadillos e sandwiches e Sobremesas son os títulos destes primeiros libros. Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, e fotografadas por Tono Arias.
A colección completarase nos próximos meses con outros oito libros dedicados a pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados.