Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Os Fantom (Galaxia) de Patricia Mallo

Rate this item
(2 votes)

Que pasaría se tras unhas vacacións non podes regresar ao teu fogar? E se no lugar onde quedas atrapado teñen uns hábitos e unha forma de vivir totalmente diferentes ao que acostumas?

Iso é o que lle aconteceu á familia Fantom cando deciden pasar as súas vacacións no abraiante e intrigante... Mundo dos Vivos. E iso, para alguén que é un fantasma e que ven do Máis Máis Aló, non vai ser nada doado adaptarse á nova vida.

Patricia Mallo acadou con Os Fantom (Galaxia) o I Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, convocado polo concello da Pobra do Caramiñal. Mallo ofrécenos unha novela trepidante, divertida, onde sobresae o humor e as situacións estrambóticas, deixando sen alento ao lector.

As ilustracións de Alba Cid acompañan á perfección ao texto de Mallo, dando forma aos personaxes e as situacións plasmadas no libro.

Estamos, xa que logo, ante unha novela para gozar e pasar un bo rato. Unha novela que busca o dsfrute do lector mentres le este libro. Só nos queda desexar que Patricia Mallo nos achegue no futuro novas aventuras desta asombrosa familia de fantasmas.

 

 

Ven de publicar Os Fantom (Galaxia), onde relata os disparatados sucesos que acontecen a unha familia de fantasmas durante as súas vacacións. A súa primeira novela, Os Cabezombis na Mansión Espello (Galaxia), estaba protagonizada por uns zombis un pouco toleiráns. Que é o que lle atrae destes seres tan pouco convencionais para que sexan os protagonistas das súas novelas?

Gústame facer rir aos lectores, por iso procuro crear personaxes orixinais que vivan situacións moi divertidas. Penso que os cativos teñen moito sentido do humor e agradecen atopar persoas ou seres que saen do convencional.

Para a miña primeira novela imaxinei cinco zombis inquedos que metían en problemas ao protagonista, creando situacións cómicas. Na segunda obra os protagonistas son unha familia de fantasmas que non entende o modo de vida das persoas vivas, polo que van de enredo en enredo.

A mestura do mundo fantástico coa realidade cotiá desempeña un papel destacado na súa obra, incluso para ensanchar literariamente os límites da realidade.

A propia infancia funciona deste modo. Os cativos teñen unha imaxinación tan ampla e creativa que lles permite mesturar realidade e ficción de forma natural. Cando crecemos, a fantasía queda a un lado e por iso a buscamos nos libros ou nas películas.

Eu trato de escribir dese modo, mesturando o mundo real e o mundo imaxinario como se fosen complementarios.

“O mellor de estar morto, é que xa non podes morrer de novo”. É a frase coa que abre Os Fantom. Saca a relucir dunha forma clara, directa e desenfadada o tema da morte. Pensa que é bo que o neno se achegue ao tema da morte?

O primeiro que pensei cando tiven a idea desta novela era que os fantasmas deben ser xente moi feliz, xa que poden facer todo o que lles pete. Ademais, viven moi tranquilos porque nada lles pode facer dano.

O tema central do libro non é morte, pero como a morte forma parte da vida a trato dun xeito desenfadado.

De todos modos, os cativos se achegan ao libro con moita naturalidade. Para eles os fantasmas son uns personaxes completamente normais.

Está ese tema da morte, de fantasmas, pero estamos ante un libro onde acontecen unha tras outra situacións divertidas e disparatadas. De que é chave o humor nos seus libros?

Penso que na vida, o humor é imprescindible. As persoas que teñen sentido do humor e tratan de rirse dos seus propios problemas son moito máis felices.

Nos meus libros, a comedia é a mellor ferramenta para enfrontar aos problemas e, sobre todo, resolvelos.

Tras unhas vacacións, a familia Fantom queda atrapada inesperadamente no mundo dos vivos. Dentro dos Fantom algúns membros vivirano de mellor ou peor xeito, pero sempre manterán a súa singularidade e a súa identidade. Ese foi, precisamente, un dos valores subliñados polo xurado sobre esta novela.

Cando comecei a novela só pensaba en contar a viaxe dunha familia de fantasmas ao Mundo dos Vivos. Despois, pouco a pouco, decateime de que o tema da novela era a procura da propia identidade. A familia Fantom trata de adaptarse a un novo entorno con todas as súas forzas, pero non poden loitar contra a súa verdadeira identidade.

Hoxe en día vivimos nun mundo globalizado, pero aínda así cada comunidade ten uns valores que os fan únicos. Por iso, cando unha persoa sae do seu entorno máis próximo, atopa unha barreira invisible que ten que sortear.

A pesares do acomodo a un novo lugar e a unha nova forma de vida, velaí está perenne o sentimento de pertenza a un lugar.

Eu vivín en países moi diversos e nalgúns momentos tamén sentín esa confusión provocada pola necesidade de adaptarme a modos de vida diferentes.

Por exemplo, recibín becas para estudiar en México, Italia, Reino Unido... e ao chegar a eses lugares decateime de que as cousas funcionaban de maneira distinta: a forma de dar as clases, a maneira de facer os exames, a comida... Pero as situacións máis disparatadas foron as que vivín na India, país no que traballei durante un ano.

Todas esas vivencias servíronme para imaxinar a familia Fantom e comprender a súa inquedanza cando non poden regresar ao seu fogar.

Os Fantom é unha novela que leva ao lector a unha lectura áxil onde non deixa de suceder cousas. Á hora de escribir ten vostede claro cara onde vai discorrer a novela? Ten todo estudado antes de empezar a escribir?

Gústame empezar as novelas dunha maneira improvisada. Cando teño unha idea anótoa para que non se me esqueza. Se a historia ten un inicio entretido, trato de escribir o primeiro capítulo. A continuación, sento a escribir una estrutura completa indicando que sucede de principio a fin.

Despois ven o máis difícil: escribir a obra e ir revisando continuamente a estrutura para facer cambios, mellorar os diálogos, evitar erros ou incoherencias...

Independentemente desas lecturas inherentes a Os Fantom, teño para min que o que sobresae nesta novela é o obxectivo de que o lector goce coa lectura, de que se divirta lendo este libro.

Cando escribo teño moi claro que o obxectivo é que os lectores pasen un bo rato coa novela. Sempre trato de crear historias que eu desexaría ler se fose cativa outra vez.

Recordo que cando era pequena, desfrutaba coas obras que me atraparan dende a primeira páxina. Lin moitos libros de fantasía, aventuras... pero sobre todo libros que me facían rir a gargalladas.

Na lectura de Os Fantom os cortes entre uns capítulos e outros, os saltos entre escenas, trasladábanme a unha estrutura cinematográfica, ao que vexo está vostede vinculada profesionalmente. 

Eu estudiei Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e dende entón gustoume a narrativa cinematográfica. Ademáis, nos últimos anos fixen cursos de guión, escrita creativa... e tamén fun alumna nunha escola de teatro de improvisación. Todo o aprendido axúdame a hora de escribir, xa que tento crear escenas bastante visuais para que sexan entretidas e con ritmo.

Veremos continuidade das aventuras desta familia ou aquí rematan as andanzas dos Fantom?

Cando enviei a novela ao Premio Carlos Mosteiro pensaba que eran uns personaxes que podían ter un recorrido moi longo. Sobre todo porque a familia Fantom está desexando viaxar e vivir aventuras.

Ata agora chegaron ao Mundo dos Vivos, pero espero que algún día podan vivir novas historias en libros novos.

Os Fantom están acompañados das ilustracións de Alba Cid. Como foi o traballo con ela? Como foi ver plasmado nunha ilustración aos personaxes que imaxinou vostede literariamente?

A editorial envioulle o manuscrito a Alba e ela púxose a debuxar. Non falei con ela acerca das ilustracións, por iso foi tan emocionante cando recibín as probas do libro e vin o resultado. As ideas de Alba, coincidían coa familia Fantom que eu imaxinada ao escribir o libro. O seu traballo como ilustradora, incluso superou as miñas expectativas!

 

 

Abril, 2019

 
 
 
 
 

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!