Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Retorno a Natura (Alvarellos) de Xosé Manuel Lobato

Rate this item
(2 votes)

Nos últimos trinta anos Galicia ven padecendo un ataque continuo sobre un dos seus sinais de identidade: o entorno natural. A proliferación de canteiras, centrais eléctricas, piscifactorías... asemade as continuas catástrofes marítimas que veñen deturpando un entorno que se resente e berra en prol dunha paralización desas embestidas.

Xosé Manuel Lobato preséntanos en Retorno a Natura (Alvarellos) as crónicas dunhas viaxes ao corazón do terror. Unha chamada á concienciación ecolóxica, a salvagardar unha das manifestacións máis ricas do noso Patrimonio.

 

 


 

En pouco tempo xurdiron movementos sociais como 'Galiza non se vende' ou a 'Plataforma Nunca Máis'; no ámbito literario Manuel Rivas publica de cotío artigos en xornais sobre a conservación e defensa do medio natural, Teresa Moure ven de publicar O natural é político (Xerais) e agora vostede Retorno a Natura.  Por que brotan dun modo esporádico eses movementos ou coinciden no tempo eses libros que ten como epicentro a cultura ecolóxica?

Eu pódoche falar desde a miña propia experiencia. Este libro nace dunha necesidade persoal a raíz dos incendios do 2006 e do Prestige, dúas desfeitas que en moi pouco tempo tanto dano fixeron ao noso patrimonio natural.

Tras ver que nos últimos anos as desfeitas que sofre o noso entorno ían cada vez a máis e cunha intensidade maior -velaí están o plan acuícola ou todo o que está a pasar no Courel coas canteiras- comecei a publicar semanalmente uns artigos no Galicia-Hoxe. Desa colaboración no xornal nace Retorno a natura, unha escolma deses artigos que percorren toda Galicia e toda a súa xeografía en defensa do noso patrimonio natural, que é importantísimo.

 

Retorno a Natura móvese entre a fábula e a crónica mais contada dun xeito moi poético. Séntese neste libro máis narrador que cronista ou denunciante? Vese a súa vea máis literaria?

Penso que si. De tódolos xeitos é a miña forma de expresarme. Gústame o estilo depurado e todos estes textos foron moi traballados e revisados. De feito só se publicaron aqueles que eu pensei que poderían saír á luz, deixei outros moitos no caixón.

 

Seguirá publicando as súas crónicas no Galicia-Hoxe?

Non sei, agora mesmo non colaboro con ningún xornal, agás cousas soltas que me piden, pero non desboto volver algún día. Todo dependerá do tratamento que se lle faga ao noso patrimonio, tanto ao cultural como ao natural.

Publicar tamén obedece á necesidade que eu teña de escribir, xa que escribo por evasión e porque realmente me satisface.

 

Crónica a crónica vai debullando unha boa parte da paisaxe galega, ás veces cunha visión case apocalíptica respecto ás catástrofes e as vexacións ás que se ve sometido o noso entorno. Natura é agora mesmo un lugar utópico?

Estas crónicas non foron redactadas baixo teito, senón que foron escritas no propio medio. Eu estiven varias veces nos sitios sobre os que logo escribín, procurei plasmar no papel todo o que me transmitiu a natureza.

Con estes artigos intento que o lector que se achegue a este libro non quede indiferente. Se ti vas a Ézaro, vas ao Pico Sacro, imaxinas o que queren facer en Corrubedo... non é que sexa unha visión apocalíptica, pero si moi pesimista. Hai desfeitas que non se recuperan.

 

Cal sería a chave que nos permitiría retornar a Natura?

A chave sería que o ser humano sexa consciente de que temos que conservar a natureza porque é un Patrimonio que ven de xeracións anteriores; un agasallo que os nosos devanceiros nolo deron en bastantes boas condicións e nos últimos vinte ou trinta anos estase rachando moito máis que en séculos. É necesario conservalo se nós queremos seguir substintindo, se existimos é grazas á natureza.

 

En 'A procura de' escribe que 'o realmente importante é o estado pracenteiro de non cargar con remordementos'. A pesar de ser o galego un individuo cunha gran capacidade de ler e escoitar a paisaxe que habita, está a sociedade galega en xeral concienciada coas desfeitas medioambientais que ocorren ao noso redor?

Creo que unha porcentaxe alta da sociedade galegas si que está concienciada. Qué é o que pasa? Onde está o problema? Estamos inmersos nun mundo de consumismo e ese suposto estado de benestar, consciente ou inconscientemente, está afectando de sobremaneira á conservación da natureza e do medio ambiente.

 

Vostede refírese á costa galega como o corredor da morte. Sufrimos hai ben pouco o Prestige, pero antes foron o Urquiola, o Ostedijk, o Erkowit... Tras aquel momento de concienciación, de mobilizacións cidadáns, todo segue igual.

O ser humano no momento que padece ou que sofre unha catástrofe decátase diso, toma realmente consciencia; pero co paso do tempo o esquecemento, que é unha das características da nosa memoria, vai tomando posesión ata que finalmente descoidamos todo aquilo que nos desacougaba. Vémolo co Prestige, xa case ninguén fala del, e foi unha desfeita que aínda hoxe estamos padecendo. Ademais, non se tomaron as medidas oportunas e en calquera momento pode aparecer un novo Prestige.

 

A perforación do Courel, a creación de piscifactorías en Carnota ou en Porto do Son ou encher os montes galegos de parques eólicos xeraría moitos postos de traballo. Capitalismo versus Ecoloxismo. Onde estaría o punto intermedio?

Ten que haber puntos intermedios pero tampouco a calquera prezo. Habería que ordenar o territorio, programalo. Non se pode chantar parques eólicos en calquera sitio: tres muíños aquí, outros tres alá e dous máis acolá. O impacto visual é terrible.

E por suposto que hai zonas onde se poden instalar piscifactorías, pero habería que organizar o litoral entre a xente que se dedica ao mar e non entre as multinacionais, seguir o exemplo do que sucede coas bateas. As empresas pequenas, as empresas familiares ofrecerían deste xeito máis postos de traballo que as multinacionais. As piscifactorías en mans de grandes compañías non producen emprego.

Eu creo que sempre hai un punto medio, todas esas canteiras, piscifactorías e muíños poden ter o seu sitio, pero deberían estar colocados onde menos dano fagan.

 

Mentres que en outros países os partidos verdes cobran unha gran forza, tanto en Galicia como no Estado español non terminan de arraigar. Están perdendo forza as cuestións mediombientais no debate político actual? Ten a clase política esa 'cegueira de olor' á que fai referencia en 'Arrecendo da terra'?

Sendo sincero si. O medio ambiente, a conservación, investir na natureza, coidar do noso entorno... os políticos ven que non da votos e despreocúpanse un pouco. E non é que sexa só a cuestión da conservación da natureza, todo o que non dea votos, todo do que non se poida obter unha recompensa electoral ou política deixase de lado.

A actividade dos partidos verdes no Estado español é practicamente nula, ou están desaparecidos ou non existen. Agora mesmo non teñen peso político ningún, nin en Galicia nin no Estado. Pero tampouco é culpa deles, concienciar á xente de que é necesario a conservación do noso entorno leva moito tempo e é un labor dunha gran complexidade. Noutros países, como Alemaña ou Suíza, que ves que nestes temas están na vangarda, é debido aos seus moitísimos anos de traballo. Aquí, a pesar de dar algúns pequenos pasos, camiñamos moi amodo aínda que, a dicir verdade, non lle vexo moitos avances.

 

Acompañan ás crónicas as magníficas ilustracións de Alfonso Martínez. Cómo nace esta colaboración?

Alfonso Martínez é compañeiro de traballo meu, ámbolos dous impartimos aulas no mesmo instituto. A Alfonso téñoo como un magnífico pintor e docente. Malia non ser galego, leva oito ou nove anos traballando aquí e é un amante de Galicia. Coñece esta terra moito mellor que a maioría dos propios galegos. A súa afección é visitar os currunchos do país e iso demóstrase nas ilustracións.

Eu paseille os textos seleccionados para o libro e el fixo as ilustracións daqueles que máis lle inspiraron. Quedei orgulloso do seu labor porque da calidade ao libro. Este é o seu primeiro traballo como ilustrador e raíz disto xa está facendo outras cousas. Dentro de pouco poderedes velo noutros libros.

 

 Santiago de Compostela, Xuño do 2009

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!