Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

In vino veritas (Galaxia) de Francisco Castro

Rate this item
(8 votes)

In vino veritas (Galaxia) supón un novo xiro de torca na traxectoria narrativa de Francisco Castro. Os coñecedores da bibliografía do escritor vigués serán quen de atopar algunhas das características da escrita de Castro. Velaí está ese narrador que entra e sae, a crítica social, o sentido de humor. Todo iso atoparémolo nesta novela, pero sen embargo volve sorprendernos. Francisco Castro revisita o xénero da novela negra nun alarde de deconstrución e recomposición, tece e destece da man de Raymond Chandler un argumento moi ben fiado, cun magnífico acerto e tratamento na trama.

Con In vino veritas Francisco Castro volve demostrar que se encontra nun magnífico estado de forma.

 





Tras varios anos de escrita e rescrita e outras dúas novelas polo medio chega ás librarías In vino veritas. Que pasou para que este parto literario fora tan difícil?

 Pois unha cousa que supoño lles pasará a outros escritores pero que ata o de agora non me pasara a min. Cos outros libros, cando os remataba, era consciente de que estaban listos para publicar. Sen embargo, por mor da arquitectura interna desta novela, polo gran número de elementos que había que manexar, polo intenso labor de investigación e polo traballo de tantos meses dedicados en exclusiva á súa escrita, chegou un momento no que tiven a necesidade de respirar un pouco, de saír fora dela por un tempo.

 Xurdiron algunha que outra dúbida e polo medio, como dis, publicáronse Chamádeme Simbad (Galaxia) e O segredo de Marco Polo (Galaxia). Esas dúas novelas saíron moi rápido e aí foi cando tiven claro que tiña que volver con In vino veritas. A verdade é que agora estou moi contento de como quedou.

 

En In vino veritas o detective Xulio Míguez é contratado para localizar un adegueiro desaparecido. Nas súas pescudas vaise mergullar no mundo do telelixo (o que vostede reformula como prensa porca) e do sadomasoquismo. Que lle atraeu destes dous mundos para colocalos como pano de fondo da súa novela?

Sobre In vino veritas sempre digo que é unha novela irmá de Xeración Perdida (Galaxia) e de Spam (Galaxia). Son novelas cun narrador moi presente onde podemos atopar un forte compoñente de denuncia. In vino veritas posiciónase contra unha parcela da sociedade que non lle gusta ao autor. Neste caso sería o que el chama prensa porca ou incluso telemerda, máis radical no cualificativo que o de telelixo.

Toda novela negra -e esta é unha novela negra aínda que sexa en clave paródica- ten a obriga de retratar a sociedade onde se desenvolve a acción. E desafortunadamente, un dos aspectos máis importantes na sociedade que vivimos é o telelixo e a vida dos famosos. A min interesábame facer unha crítica, máis que sobre o telelixo en si, sobre os programadores de televisión. Reprobar a utilización que fan as canles de televisións dese dominio inmenso que teñen. Un poder que podería ser moi ben dirixido e sen embargo utilízano para este tipo de cousas absurdas.

O tema do sadomasoquismo aparece seguindo o fío de xogar co tema do telelixo. Necesitaba ir ao terreo do morboso. Eu teño moi claro que se o sadomasoquismo saíse na televisión seguiríano millóns de persoas. Sobre isto hai un momento na novela onde a presentadora de televisión solicita ao detective que lle deixe mostrar no seu programa o material que ten, porque sabe que lle dará cotas altas de audiencia.

 

O xénero de novela negra asomábase lixeiramente na súa novela Spam, pero aquí aparece dun xeito case que pantomímico, incluso botando man do decálogo de Raymond Chandler para desmiuzar a acción. Vendo a cantidade de novela negra que hai nos andeis parece que vos puxestes de acordo varios escritores para publicar.

É unha coincidencia -incluso dentro da literatura galega- de que haxa nestes intres unha “sobredose” de novela negra, porque como che comentaba con anterioridade esta novela escribiuse moitísimo antes.

Eu quería escribir unha novela negra pero, como sucede na miña obra en xeral, aportando aspectos característicos da miña escrita e procurando dar unha reviravolta aos xéneros. Contar a mesma historia doutro xeito. En In vino veritas eu quería facer novela negra pero reflexionando de vez sobre a construción do propio xénero. Por iso lle acae o de “deconstrución”, porque eu vou seguindo os dez puntos do decálogo de Raymond Chandler e a maiores a novela vai evolucionando segundo o que Chandler di que ten que pasar. Fíxeno igualmente dende o convencemento de que non volvería escribir novela negra.

 

Incluso o seu personaxe de Míguez racha cos estereotipos de detective: non é fumador, non se emborracha, come lasaña precociñada… Que é o que buscaba vostede representando á figura do detective de In vino veritas?

Meter un pouco o dedo no ollo dos autores deste xénero. Eu coñezo detectives de verdade e eles non se ven reflectidos nos detectives negronovelísticos. Os detectives de verdade si comen lasaña precociñada, case non saen dos seus despachos e os casos que lles ocupan pouco ou nada teñen que ver cos das novelas negras: fotos do marido que lle pon os cornos á muller, comprobar que un adolescente se emborracha as fins de semana... Cousas máis ben pouco literarias.


A representación feminina nas personaxes de In vino veritas. Chámame moito a atención o amor que vai sentir Xulio Míguez cara a Marta Ruíz. Un amor tan puro que poderíamos definir como de nostálxico.

É un amor platónico, nostálxico. É un amor idiota. Marta vai deixar moi claro que é un amor que non pode ser e logo na novela se entende o por que. Pero Xulio Míguez é un romántico. Ten aspectos propios dunha persoa que medrou escoitando cancións e filmes de amor e ten idealizado unha muller.


Despréndese destas páxinas o desencanto da sociedade, representada dentro da novela no mundo (elitista) do viño.

Hai que ter en conta que os detectives de novela sempre teñen un elemento diferenciador. Ben son coleccionistas, ben expertos en algo. Xulio Míguez non podía ser menos. Xulio é un entendido en viños.

Eu teño que rir de toda esa xente que sae dunha cata de viño falando como se fosen dunha seita. Sei que entender de viños ha de ser unha cousa complicada pero a min amólame o sibaritismo, sexa nos viños, na música ou na literatura.

Nos obradoiros literarios que imparto unha das primeiras consignas que transmito é que se lles entenda. Eu desconfío dos poetas aos que ninguén comprende. Coido que algo similar acontece no caso da xente que cata viños. Algúns dirán que é poesía pero a outros sóanos a ficción.


Esa metaliteratura tan característica das novelas de Francisco Castro volve tomar protagonismo en In vino veritas. Que é o que busca vostede como autor? Sería este un xogo para levar ao lector cara a onde vostede quere ou é un xesto de complicidade coa persoa que está ao outro lado do papel?

Creo que ten un pouco de ambas as dúas cousas.

Por unha banda reflícteme a min. Eu sempre digo que son un “listo” con opinión para todo, e coido que unha novela que pretende reflexionar sobre a realidade o máis sincero pola miña parte sería mostrar a voz do autor. Pero tamén está a complicidade. Interésame guiar a quen le pero co fin de lle falar.

Unha cousa que buscamos cando lemos novela negra é sorprendernos, de que a historia dea un xiro inesperado. O narrador vai orientar ao lector, vaille dicir: “Mira, fíxate nisto”, “Non te esquezas disto”, etc... O que fas é conducilo por onde ti queres.

 

Comentaba anteriormente que utiliza a literatura para denunciar verdades (incómodas). Véselle sempre a vostede como unha persoa optimista, sen embargo, coas súas novelas para adultos parece que máis que desenvolver un exercicio literario o que fai é un proceso de denuncia, de berrar, de soltar a ira.

Non creo que estea rifado o feito de ser unha persoa positiva co protestar. A crítica é sempre o inicio do cambio. Aínda que soe moi marxista, para cambiar o mundo primeiro hai que interpretalo e eu, nos últimos anos, estou desenvolvendo unha actitude optimista compulsiva. Hai tal crise, tal depresión, o resultado político é tan terrible para a cultura galega, a situación da nosa lingua é tan penosa que só nos queda a opción do suicidio como pobo ou mostrar alegría e crer no futuro. Eu procuro tanto na miña vida como na miña escrita ter esa actitude optimista, o cal creo que non é contraditorio co feito de dar de cando en vez un golpe na mesa. E iso está tanto nas novelas de adultos como nas de infantil. Nunha novela como Chamádeme Simbad hai unha crítica explícita cara ao mundo dos adultos.

 


 

 

 

Santiago de Compostela. Novembro do 2011

 

 

 

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!