Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A vida fora (Galaxia) de Miguel Sande

Rate this item
(7 votes)

Hai moitas formas de ollar e, as veces, o feito de que nos poñan unha venda nos ollos pode servir para que nos quitemos nós mesmos outra. Ver, divisar, observar, ollar. Pero tamén imaxinar, lembrar, mirar interiormente e sacar as cousas cara fora, como a vida. A vida fora. E precisamente iso é o que nos ensina a vella María a través do escritor e xornalista Miguel Sande.

A vida fora (Galaxia) é unha novela pequena en extensión pero grande en matices. De múltiples lecturas. Desas que emocionan ao lector. Porque A vida fora  é un xogo, de sorriso e desacougo. Porque todos nós coñecemos a unha María.

Novela sorprendente baixo unha historia sinxela. Como a vida fora.

 

 


 

A construción dun edificio diante da fiestra dende onde María, vella e enferma, observa a vida pasar postrada nunha cadeira de rodas vaille servir a vostede de escusa para xogar co título desta novela: A vida fora. Recrearase esa vida fora da xanela e vai sacar esa “vida fora” da vella María través das diferentes lembranzas.

A vella María pasa os días nunha cadeira de rodas ollando pola ventá. Un día, e outro, e outro… ata que constrúen un edificio diante da súa vivenda. Entón á vella sácanlle o único que a une co exterior: a vista. Vai ser a partires diso cando non vai ter outra que imaxinar a vida fora desa construción. Velaí o porque do título. Esa expresión obrigada da vella María de imaxinar a vida fora é o que a min me interesaba que fose a cerna e a orixinalidade desta novela. A vella vai facer gala dunha imaxinación desbordante, chegando en ocasións ao disparate.

A vida fora é unha novela dura, pero o que nos chega a través da imaxinación da vella dálle unha chispa á historia, esa vida necesaria para que o lector poida ler este libro cun sorriso. Doutro xeito sería unha novela moi simple: unha vella nunha cadeira de rodas mirando pola ventá. A historia chega a nós coas palabras dela.

Sobre o de sacar a vida fora a través das súas lembranzas en parte tamén é certo. A vella María saca retallos da súa propia vida. Esta novela, como dicía Carlos Nuevo cando a presentamos en Viveiro, ten cortes etnográficos, elementos do pasado. A través deses retallos -aínda que non sexan coordinados por mor da memoria rota de María- vamos coñecendo a súa historia: a posguerra, a lembranza da mestra republicana a quen lle queimaron a casa... pero tamén o seu presente. Son cousas que non se relatan explicitamente pero xorden a través dos recordos da vella María. Hai quen ve iso como un defecto, pero eu pretendín contar as cousas doutro xeito.

 

Aínda que poesía e teatro abranguen a meirande parte da súa obra, retorna de novo á novela tras aquel Se algún día esta muller morta (Galaxia), I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2006. Nesta A vida fora, sendo unha novela, sitúa ao lector nun cruce de camiños onde conflúen tanto a prosa, como o teatro e un pouso da poesía.

Eu levo vinte e cinco anos escribindo e sempre digo que veño dos barrios marxinais, que serían a poesía e o teatro. Agora estoume achegando ao que sería o barrio rico: a novela.

Noutra das presentacións que fixemos este verán, en Barreiros, o dramaturgo Manuel Lourenzo comentou que se trataba dun monólogo teatral. Aínda que concorde con Manolo, eu tamén creo que se podería ler como un poema longo. Pero sobre todo é unha novela, unha novela curta. Na contracapa do libro Galaxia indicou que se trata dunha novela que está nos límites da narrativa. Coido que non hai fronteiras. Podería dicirche que hai poesía, que hai teatro, pero é novela. Os diferentes matices ten que atopalos o lector.

 

Aposta pola sinxeleza narrativa, pero nin esta A vida fora nin a anterior Se algún día esta muller morta se moven nos convencionalismos narrativos. Trátase dun intento de rachar coa novela convencional ou dun exercicio -como sinala no epílogo Comezo e final- de codificación da escrita?

Ese comentario chega por influencia do xornalismo, que é a miña profesión. Os que nos dedicamos ao xornalismo estamos contando, case a diario, historias que moitas veces sobrepasan con moito o imaxinable, e iso exerce unha influencia en min á hora de escribir.

Aínda que eu teña unha imaxinación moi limitada, dispoño dunha mirada privilexiada do que ocorre todos os días na rúa pola miña profesión. E por mor de todos eses factores eu procuro ofrecer ao lector unha novela que sexa sinxela de ler pero escrita dende o compromiso e tratando dar o mellor de min na concepción da escrita, no que sería a estadame da novela.

As críticas que saen de A vida fora estanse a centrar no argumento, mentres boto en falla comentarios sobre esa estadame da escrita, do lugar que ocupa a expresión nesta novela. Coido que pasou o mesmo na novela anterior: Se algún día esta muller morta. En A vida fora intento darlle forza á expresión, e por iso as repeticións, as frases curtas…

 

Tanto na anterior novela como nesta A vida fora dá vostede un especial protagonismo ás mulleres. Practicamente elas soas copan a totalidade da historia.

A min o que me interesa á hora de escribir, máis que definir o xénero dos protagonistas, son as aventuras persoais. Atráeme máis iso que calquera outra historia coral. Creo que a máis atrevida e a máis valente é sempre a aventura propia. Iso creo que tamén o transmito ao que escribo.

 

Comentaba vostede anteriormente que A vida fora lese cun sorriso nos beizos, pero tamén desacouga o lector ver a vella dicindo que quere morrer.

Nesta novela xogo coas sensacións. Todo o que vive a vella María, dende a primeira frase ata o epílogo, son sensacións: alegría, temor, desacougo… E cando o lector chega a ese epílogo titulado Comezo e final conto como me aconteceu a historia da vella María. A min, a pesar das críticas que recibiu ese epílogo, é a parte que máis me gusta. Primeiro xogo coa emotividade do lector e despois explícolle a orixe desta historia.

A pesar de que di que quere morrer, a vella María ten máis ganas de vivir que ninguén. Ela quere as súas pílulas de chocolate, non para de falar, quere ter as uñas pintadas...

 

Libro magnífico e doado de ler. Sen embargo, tan afastado do que podemos atopar nos escaparates das librarías.

Penso que A vida fora é unha novela que se le moi ben e que pode chegar a moita xente, incluso á xente que habitualmente non le. María podería ser a avoa de moitos de nós.

Tamén é de agradecer que unha editorial como Galaxia me abra as portas para publicar esta novela. Eu son un escritor coa miña propia mirada, co meu propio estilo, sen escribir á moda e gustaríame destacar iso, que Galaxia confiara en min.

 

 

 

 

 

 

A Coruña. Outubro 2011

 

 

 

 

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!