Esta fin de semana o concello de Oia celebrará o Festival do Rei Sol. Este festival é unha proposta de posta en valor dun castro en Viladesuso (Oia) a través da recuperación da memoria oral. Ao longo dos tres días de duración do festival sucederanse contos e lendas intercalados con música e potenciados con iluminación e son.