A Biblioteca e Arquivo de Galicia (Monte Gaiás, s/n) de Santiago de Compostela acolle ás 18.00 h. unha lectura dramatizada con monicreques a cargo de Anxo García e Comba Campoi, da Asociación Cultural Morreu o Demo para a recuperación do títere tradicional galego.
Nesta actividade centrarase nas pezas que tres autores galegos deste período, encadrados nas avangardas, escribiron como froito desa fascinación polo teatro popular de títeres . Ramón María del Valle Inclán, Rafael Dieste e Eduardo Blanco Amor.
Durante a actividade, dunha hora de duración, Comba Campoi, investigadora sobre o teatro de marionetas, fará un percorrido polo contexto no que se escribiron eses textos e a personalidade dos seus autores. As explicacións intercalaranse coa representación de fragmentos das obras comentadas, a cargo do titiriteiro Anxo García.
Entrada de balde previa inscrición aquí.