Edicións Xerais de Galicia volve convocar este 2011 os seus premios, desta volta nas súas tres categorías tras a non convocatoria o pasado ano do premio xuvenil.
Deste xeito, premio Xerais de novela acada a súa 28ª edición, o Melín de literatura infantil a 26ª edición e o Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín a súa 5ª edición. O premio económico fíxase en 25.000 euros no Xerais de novela e en 10.000 euros en cada unha das outras dúas categorías.
O prazo de entrega de orixinais remata o día 11 abril de 2011. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 11 de xuño.