Vocacións e ideais de Plácido Castro é o título dunha xornada que se celebrará o venres 22 de febreiro no Centro Exposalnés de Cambados, organizado polo propio concello de Cambados e a Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Fundación Plácido Castro.
Baixo a coordinación de Xulio Ríos, esta xornada pretende afondar nos tres eixes que marcaron a vida de Plácido Castro: tradución, xornalismo e universalismo.
Plácido Castro (1902-1967) é un dos símbolos máis sobranceiros do universalismo galeguista. Pola súa orixe e a súa formación, foi unha rara avis no galeguismo dos anos trinta. Humanista, anglófilo e erudito, ao longo da súa vida desenvolveu tres vocacións principais: a tradución, o xornalismo e o compromiso político con Galicia.
A inscrición á xornada Vocacións e ideais de Plácido Castro é de balde. O número de prazas é limitado (100 persoas) e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
PROGRAMA
16.00 h. Inauguración. Interveñen Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados; e Xulio Ríos, coordinador da Comisión de Acción Exterior do CCG.
16.20 h. Plácido Castro e a tradución.
Modera: Xulio Ríos
Laura Linares, Irish Research Council Government of Ireland Postgraduate Scholar
María Jesús Lorenzo Modia, catedrática de Filoloxía Inglesa, Universidade da Coruña
17.20 h.
Pausa
17.45 h. Plácido Castro e o xornalismo.
Modera: María Jesús Lorenzo Modia
César Lorenzo, xornalista e editor de Biosbardia
Luís Álvarez Pousa, xornalista e director de Tempos Novos
18.30 h. Plácido Castro e o universalismo
Modera: Laura Linares
Xulio Ríos, coordinador da Comisión de
Acción Exterior do CCG
Rubén Camilo Lois González, catedrático de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela
19.30 h. Clausura