Hoxe arranca a quinta Feira do Libro de Ribeira, que se desenvolverá ata o domingo 16 de xuño na praza do Concello. Esta edición da Feira do Libro contará con cinco stands.
Unha vez máis, a feira terá lugar na praza do Concello cos seguintes horarios: xoves e venres de 11.30 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 21.30 h. e os sábados e domingos de 12.00 h. a 14.30 h. e de 18.00 h. a 21.30 h. Os stands participantes son: Libraría Pedreira de Santiago; Libraría Cortizas de Ferrol; Libraría Cartabón de Vigo e Libraría Ler da Pobra, así como Deputación da Coruña. Os libros á venta terán un 10% de desconto no seu importe.
Durante toda a Feira, na Biblioteca Municipal estará unha sección titulada As nosas letras: Autores e autoras locais.
Pola Feira do Libro de Ribeira pasarán ao longo destes días autoras e autores como Xabier López Marques, Rosario Regueira, Xurxo Souto ou Manuel Portas. Ademais o venres 14, ás 20.30 h., haberá unha charla coloquio coas escritoras locais Uxía Casal, Antonio Piñeiro e Antonio Tizón.