Unha das librarías máis activas da Costa da Morte, a pontecesá A tenda dos libros, prepara un completo outubro de actividades culturais.
O filólogo e presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón presentará o día 7 o seu novo libro: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, publicado pola editorial Xerais.
Para o seguinte venres Manuel Galego, xornalista e director de culturagalega.org pronunciará a conferencia República de homes libres. A vida en Galicia na Alta Idade Media, onde se falará sobre os ataques vikingos e normandos na costa galega, entre outras cousas.
Rematará este outubro de actividades e libros co recital poético Latexos, de Óscar de Souto, e a presentación da antoloxía Se lo dije a la noche. Será o venres 21 de outubro.
Todas estas actividades, totalmente de balde, terán lugar ás 20.30 h.