Xa se coñecen os gañadores dos premios que outorgan os usuarios de Redelibros para escoller as súas preferencias do ano 2011. Tras unha primeira selección das obras finalistas e un período para votar entre as candidaturas, hoxe fixeron públicos os gañadores.
Os premiados por Redelibros son:
Tradutor ou tradutora: Tuula Ahola Rissanen, por Purga (Rnoceronte).
Obra literaria en galego: Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz.
Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman (Urco) de Fernando Cimadevila.
Editorial galega: Urco Editora
Libraría: Cartabón (Vigo)
Web ou proxecto 2.0: Meubook
Crítica ou crítico: Armando Requeixo
Obra non literaria en galego: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais) de Carlos Callón.
Ilustradora ou ilustrador: Iván Valladares, por O mundo secreto de Basilius Hoffman: o ladrón de soños (Urco).
Banda deseñada: Revista Retranca, de Kiko da Silva.
Obra literaria en castelán: 1Q84 (Tusquets), de Murakami.
Proxecto ou evento cultural: Culturgal
Blog literario: Criticalia.