O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a “Folla de Prata”, con motivo da quinquaxesimonovena edición da Festa do Albariño.
O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro A rosa do viño, publicado por Editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro Cunqueiro, na súa faceta da catador de viños, a quen está consagrado este ano a festa do albariño.
Esta é a terceira distinción que recibe o mencionado libro, que xa obtivo o Premio Deza Investigación, concedido polos Concellos da Comarca do Deza, e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best Wine History Book.