Santiago de Compostela acolle unha nova edición de roteiros literarios guiados pola cidade. Estes paseos literarios procuran homenaxear a obra de autoras e autores galegos e a pegada da capital galega na literatura.
Esta actividade é unha iniciativa da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela e outras entidades como a Asociación Cultural O Galo.
Programa
Xoves, 31 de maio, ás 18.00 h. Compostela negra, con Diego Ameixeiras.
Punto de partida: Praza de Cervantes.
Sábado 2 de xuño, ás 19.30 h., Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.
Punto de partida: Praza do Obradoiro.
Xoves 7 de xuño, ás 18.00 h., Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.
Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.
Xoves 14 de xuño, ás 18.00 h., A cidade das augas, con María do Cebreiro.
Punto de partida: Ponte Vella do Sar.
As inscricións, gratuítas, realizaranse no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.