Catro novos roteiros para coñecer a Coruña máis literaria. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, levará aos asistentes da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na Coruña.
Esta nova edición contará coa presenza de Yolanda Castaño, Xosé Iglesias, Siro López e María Solar.
A actividade, dirixida a maiores de 16 anos, é de balde previa inscrición na conserxería do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9 h) ou enviando un correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Hai un límite de 55 prazas por roteiro.
Programación Paseos pola Coruña literaria
- Sábado 24 de marzo. De 12.00 h. a 13.30 h.
Paseo con Yolanda Castaño.
Inscricións: desde o 12 de marzo
- Sábado 14 de abril. De 12.00 h. a 13.30 h.
Paseo con Xosé Iglesias.
Inscricións: desde o 2 de abril.
- Sábado 12 de maio de 12.00 h. a 13.30 h.
Paseo con Siro López.
Inscricións: desde o 30 de abril
- Sábado 9 de xuño de 17.30 h. a 19.00 h.
Paseo con María Solar.
Inscricións: desde o 28 de maio