Mondoñedo, terra do gran contador Álvaro Cunqueiro, acollerá do 24 ao 26 de xaneiro o II Encontro do Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) no que se reunirán profesionais do sector.
O programa de actividades dará comezo o venres 24 cunha sesión de contos para adultos da man do Colectivo NOGA. Será ás 21.00 h. no Auditorio Municipal de Mondoñedo con entrada libre ata completar aforo.
O día 25 pola mañá haberán diferentes sesións formativas, dirixidas a profesionais da narración, profesorado, bibliotecarios, etc... Pola tarde terá lugar a xuntanza do colectivo NOGA.
Este II Encontro rematará o domingo 26 de xaneiro con "Aquí contamos", un roteiro familiar por Mondoñedo. Será ás 11.30 h. dende o quiosco da alameda dos Remedios e está aberto a todos os públicos.
aaa