Do 29 ao 31 de xullo o Palácio da Brejeira (Monção) acollerá o I Encontro de Escritores da Lusofonia, un proxecto que pretende contar coa presenza escritores europeas, africanos e americanos en lingua portuguesa. Contarase con romancistas, músicos, poetas, actores, realizadores, investigadores, creadores e público dos países e comunidades de língua portuguesa, incluindo Angola, Brasil, Cabo Verde, Galicia, Guinea-Bissau e Portugal, e contarase coa colaboración e difución da CPLP (Comunidade dos Países de Língua Portuguesa).
Con este I Encontro preténdese concretar unha festa da cultura, da música e da literatura, materializada en palestras, debates, publicación de obras literarias, realización de recitais de poesia, proxección de filmes sobre escritores, diversos espeáculos de teatro e moito mais.
O Encontro contará cunha importante participación galega, incluindo creadores como Ugia Pedreira, Uxía Senlle, Quico Cadaval, Marina Oural, nx0woé Luís do Pico Orjais, Santiago Veloso, Raquel Miragaia, Iolanda Gomis, Iolanda Zúñiga, Carlos Taibo, Carlos Quiroga, João Guisam Seixas e Sechu Sende.