Os ilustradores galegos Miguelanxo Prado e David Pintor estarán estes días por Alemaña.
O autor de De profundis impartirá, coincidindo co Festival de Banda Deseñada de Múnic, unha conferencia e a reedición da serie Quotidianía delirante . Prado forma parte da delegación asistente á Feira tras ser seleccionada España como país convidado ao evento.
Pola súa banda, David Pintor levará a súa exposición Ciudades de papel ata a cidade bávara de Ratisbona. A mostra, exposta con anterioridade en Bologna, Tokio e Clermont-Ferrand, achegará unha selección de máis de 20 ilustracións de distintas cidades europeas.