Do 5 ao 7 de xullo celébrase a sexta feira ribadense do libro "Letras no campo". Unha cita co libro e a lectura onde, ademais das tradicionais presentacións de libros, haberá música, teatro e obradoiros para nenas e nenos.
Nesta edición participan un total de oito librerías e tamén estará presente o servizo de publicacións da Deputación de Lugo.
Serán tres días de libros e cun ambiente festivo arredor da feira onde se xoga co vínculo dos libros e o campo como lugar de encontro e distracción para todos os públicos.
Ao longo dos tres días pasarán por Letras no campo autores ribadenses como Juan López Rico, Xavier Baixeras e Lorenzo Fernández Prieto, pero tamén comarcais como Paco Rivas e David Val de Foz, ou David Díaz e Diana Fernández, e mesmo a pregoeira deste ano, Olalla Cociña de Viveiro. Inma López Silva ou Aratnza Portabales serán outros dos nomes que pasarán por Ribadeo presentando as súas novidades.