Noia acollerá entre o venres 16 e o domingo 18 de novembro V de Viñetas: 1ª Xornadas de Cómic, organizadas pola Sociedade Liceo de Noia e polo noiés Fonso Barreiro, autor de banda deseñada e mestre de obradoiros de cómic. Ao longo dos tres días das Xornadas pasarán por Noia Kiko Da Silva, Miguelanxo Prado e Fernando Iglesias.
As xornadas rendirán unha pequena homenaxe a Marvel, cunha exposición de páxinas orixinais e a proxección do filme Los Vengadores: Infinity War. Isto será o venres 16.
Ao día seguinte, en quenda de mañá abrirá Fonso barreiro co obradoiro Creación de tiras cómicas, dirixido a un público xuvenil e adulto. De seguido Fernando Iglesias pronunciará a charla Impresións de Kohell.
Pola tarde será o turno de Miguelanxo Prado, quen falará aos asistentes sobre o proceso creativo da súa premiada obra Ardalén.
A partires das 18.00 h. Fernando Iglesias e Miguelanxo Prado estarán asinando exemplares das súas obras.
Para o domingo Kiko da Silva impartirá o obradoiro infantil e xuvenil Curso de cómic de Fiz, e pola tarde o autor vigués presentará "A viñeta de Schrödinger", revista de banda deseñada en galego impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e dirixida polo propio Kiko Da Silva.
Paralelamente as charlas e obradoiros poderá visitarse no local do Liceo as exposicións sobre os cómics Marvel e das autores participantes nas xornadas: Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Fernando Iglesias e A viñeta de Schrödinger.
Contarase igualmente coa asistencia das librarías especializadas Capitol Comics (Boiro), A gata Tola (Compostela) e Libros Ari (Ribeira). e contaremos coa presencia de tres librerías especializadas.