Informativos Telecinco foi galardoado coa XVII edición dos premios de xornalismo Álvaro Cunqueiro, que concede anualmente o concello de Lalín, a asociación de profesionais da gastronomía "Amigos da Cociña Galega" e as demais asociacións gastronómicas galegas, coa finalidade de fomentar a difusión da cociña galega e para premiar o labor realizado por xornalistas e escritores que prestaron no ano anterior unha especial atención a ditos temas. Este premio está recoñecido como o premio máis importante do estado español. O xurado que valorou as candidaturas decantáronse polos informativos da canle privada polos seus reportaxes sobre o porco celta e o samaín.
Por outra banda, outorgáronse tres accésit que foron ao escritor, investigador e profesor Xavier Castro pola primeira historia da alimentación en Galicia, obra publicada por Biblos e titulada A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia. Outro dos áccesit foi para o escritor e xornalista Santiago Jaureguízar polo seu artigo Hai percebes en Marte?, publicado no xornal lugués El Progreso. O terceiro accesit recaeu no programa Reporteiros da CRTVG polo documental A cultura do pracer.