Mañá martes comeza en Ferrol unha nova edición da Feira do Libro que se celebrará na cidade entre os días 23 e 27 de abril.
A 30ª Feira está organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do goberno galego, a Deputación da Coruña e o concello de Ferrol.
A apertura da Feira do Libro, que estará instalada na Praza da Constitución, terá lugar as 19.30 h. co pregón da escritora ferrolá Ánxela Loureiro e a actuación do Real Coro Toxos e froles.
Ao longo dos cinco días de a Feira do Libro encherase de presentacións, sinaturas, actividades infantís, contacontos, actuacións dramatizadas e concertos que completarán a programación da Feira. Por Ferrol pasarán estes días autoras e autores como Miguel Anxo Romero, Alberte Momán, Alfonso Tellado, Antón Cortizas, Ana Meilán ou Leandro Lamas.
As librarías participantes son: Pedreira, Cartabón, Day, Cortizas, Galiano, Central Librera, Metrópolis, Estraviz, a editorial Embora e a caseta da Deputación da Coruña.
Como decote acontece nestas Feiras, todos os libros terán un 10% de desconto.