Xa se coñecen os finalistas da XV edición dos premios Max das artes escénicas, que ten como finalidade premiar e recoñecer o labor dos profesionais e a calidade das producións máis destacadas do ano no eido das Artes Escénicas.
Como preludio á celebración da Gala de entrega dos premios e para proporcionar unha meirande dimensión á elección dos candidatos en cada categoría, celébrase a Festa de Finalistas, cuxos nomes fixéronse públicos.
Nesta edición o teatro galego só ten representación nas obras destinadas á súa sección, correspondente ao Mellor Autor Teatral en Galego. Os finalistas son: Avelino González, Séchu Sende, Artur Trillo e María Ordóñez por Pelos na lingua; Roberto Salgueiro por Memoria de Helena e María (o texto da obra está publicado por Difusora); e Santiago Cortegoso co seu 0,7% Molotov, obra galardoada co Rafael Dieste de teatro no 2009 e publicado o texto pola Deputación da Coruña.