A Asociación Galega de Xermanistas en colaboración coa Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo celebrará o vindeiro sábado 25 de xaneiro a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego. Nela participarán investigadoras e profesionais da tradución cunha ampla traxectoria neste eido. Haberá ademais un obradoiro práctico de tradución de literatura infantil e xuvenil e unha mesa redonda onde participarán importantes editoriais galegas coma Galaxia e Kalandraka e editoras especializadas en tradución de narrativa universal, como Hugin e Munin e Irmás Cartoné.
A xornada ten como obxectivo a reflexión ao redor do proceso e o mercado da tradución literaria en Galicia e en galego a partir da lingua e cultura alemá. Nesta primeira edición preténdese ofrecer unha visión do estado actual da tradución de literatura alemá ao galego e reflexionar sobre o proceso da tradución. Outro dos seus obxectivos é visibilizar, recoñecer e impulsar o labor tradutolóxico en galego.
O evento terá lugar na Biblioteca Concepción Arenal no Campus Vida de Santiago de Compostela a partir das 10.00 h. e conta co apoio da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) e do ÖAD (Servizo Austríaco de Intercambio).
Programa
10.00 h. Inauguración Asociación Galega de Xermanistas.
10.15 h. Conferencia: Panorama das traducións alemán-galego, por Silvia Montero Küpper(BITRAGA/ UVigo).
11.15 h. Descanso e café.
11.50 h. Traducións xustificadas (1)
• Laureano X. Araujo: Contra a tradución invisíbel. Os clásicos modernos en galego.
• Almudena Otero: Entre a utopía bolo'bolo e a tradución utópica.
12.45 h.Mesa redonda. Políticas editoriais respecto da literatura en lingua alemá.
Participan: Galaxia, Hugin e Mugin, Irmás Cartoné e Kalandraka.
Modera: Patricia Buxán (Catro Ventos)
14.00 h. Xantar
16.00 h. Obradoiro práctico de tradución. Rosa Marta Gómez Pato (USC).
17.30 h. Descanso e café.
17.50 h. Presentación da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
18.00 h. Traducións xustificadas (2)
• Patricia Buxán / Saleta Fernández: Tradución a catro mans: Novela de xadrez.
• Catuxa López: Tradución de teatro. Handke ou como insultar con propiedade.
Para máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / http://agxermanistas.org/portafolio/.