Hoxe comeza o II Festival Poético ‘Fala o mar’, que se desenvolverá ao longo de toda a fin de semana en Combarro (Poio), un evento literario organizado pola ACDeM Armadiña coa colaboración da Deputación de Pontevedra único en Combarro e na súa contorna no que se reúnen diversas propostas en lingua galega vertebradas arredor da palabra poética.
Esta segunda edición celebrarase entre o 6 e o 8 de xullo e terá lugar nas prazas do casco histórico de Combarro.
Programa
Venres 6 de xullo: Praza da Praia do Padrón.
21.00 h. Verso sobre onda. Regueifa con Quique e Mani.
22.00 h. Performan-z. Dúas gamberras e un micro.
Sábado 7 de xullo: Praza de San Roque.
12.00 h. Contrapoética. Mariña. Espectáculo para a rapazada por Raquel Queizás.
19.00 h. Ecoar. ‘Editar desde a periferia: novas achegas para novos tempos’. Charla con Afra Torrado (Fanzine Infumable + Leite edicións), Marcus Daniel Cabada (Revista Ligeia), Jorge Rodríguez Durán (Autoedicións Micromundos), Paula Pereira e María Montes (‘Por min, por nós e polas outras’).
20.00 h. Verso na áncora. Oriana Méndez, Andrea Nunes (Andre Ai Lalá) e Quico Valeiras.
22.00 h. Performa-z. ‘Ningún quería ser nube’ por Jesús Castro Yáñez. Acción número 2 de Chanzo. Poesía en acción.
Domingo 8 de xullo: Praza do Peirao.
12.30 h. Verso sobre onda. Su Garrido Pombo.