Volven os paseos pola Coruña máis literaria. Este actividade, que leva desenvolvéndose dende hai uns anos en diferentes cidades do país, permite coñecer a cidade da man de escritoras e escritores que escribiron sobre a cidade, neste caso A Coruña. Está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) e terán lugar os sábados 26 de outubro e 9, 16 e 30 de novembro.
A actividade é de balde pera necesita inscrición previa. Esta pode facerse presencialmente en Normalización Lingüística no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 e no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Os paseos están limitados a 55 participantes. Todos os paseos principiarán ás 12.00 h.
Programa
Sábado 26 de outubro: paseo con Dores Tembrás "A Coruña: cartografía con puntos de fuga".
Este paseo propón demorarse nalgunhas interseccións entre pasado e presente nun péndulo que cruza tamén da palabra pública á íntima. A Coruña como territorio fascinado da literatura.
Sábado 9 de novembro: paseo con Tito Pérez "Un paseo polo barrio".
Seguiremos o percorrido do protagonista de "O latexar do barrio" e comprobaremos in situ a súas diversas realidades e contrastes. Pasearemos polo lugar onde o enterro dun poeta congregou hai 111 anos a 40.000 persoas. E, como non podía ser doutro xeito, remataremos no mesmiño centro neurálxico do barrio dos barrios galegos.
Sábado 16 de novembro: paseo con María Casar "Sobre o espello do mar e do vento".
Un camiñar pola paisaxe urbana que sae dos versos e sinala o territorio como xerme da creación. A poeta re-constrúe a Cidade como lugar mítico, como espazo de vida e de historia, na que a música enche os baleiros. Guiado por María Casar.
Sábado 30 de novembro: paseo con Antonio Sandoval "As naturezas da Torre".
Sensacións, descricións da natureza, relatos míticos e históricos, reflexións sobre como mudar o xeito de relacionarnos co medio que nos rodea. Lecturas ao natural cunha protagonista: a Torre de Hércules.