O primeiro plenario de ano da Real Academia Galega (RAG) serviu para incorporar a diferentes seccións a cinco académicos novos.
A RAG ven de nomear á italiana Giulia Lanciani, catedrática de lingua e Literatura portuguesa e brasileira do Departamento de literaturas comparadas da Universidade de Roma Tre, como académica de honra polo seu labor como investigadora e divulgadora do corpus lírico medieval galego.
Os outros catro novos académicos son Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas, Gonzalo Navaza e Antón Palacio. Os catro incorporaranse á sección de lingua para traballar en temas como a toponimia, a gramática, a onomástica ou a sociolingüística.