A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á emprendedora e primeira camioneira do estado Celia Rivas Casais (A Coruña, 1912-1974) este mes de marzo.
Celia Rivas foi a primeira muller camioneira do Estado español. Muller traballadora e emprendedora, herdou o oficio do seu pai, conseguindo ademáis dar traballo a outras persoas de Fisterra. Celia Rivas Casais, pertencente á familia coñecida coma “As Lavancas” , representa ás mulleres traballadoras que souberon sair adiante nun mundo de homes e nunha época especialmente difícil polas condicións económicas e a guerra civil. Co seu esforzo conseguiu montar unha empresa de conservas e venta de peixe. Muller moi querida e lembrada en Fisterra.