O Espazo Normal da Coruña acolle este sábado 24 de novembro a III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral, que organiza a AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e da Universidade da Coruña, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO.
Programa
09.45 h. Apertura da III Xornada. Con Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG e Cilha Lourenço Módia.
10.00 h. Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX.
Presenta Xesús Pisón: interveñen Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal.
11.25 h. Mesa redonda A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI.
Modera Afonso Becerra de Becerreá. Interveñen Eva Ferreira e AveLina Pérez.
12:45 Mesa redonda O teatro nas aulas.
Modera Rosalía Fernández Rial. Ponentes: Raquel Castro e Fran Godón.
16.00 h. Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.
18.30 h. Clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués. Presenta: Cilha Lourenço Módia.
Aberto a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.
Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.