A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de editar un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Estas achegas, inéditas e orixinais, responden a un duplo formato: Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (incluíndo versións elaboradas) e Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.
Da conxunción de todas as aportacións xurde Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, un libro electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel no apartado de publicacións da web da AELG: http://www.aelg.org/resources/publications/1305643357800VivirUnSonho.epub
Son, polo tanto, as colaboracións de 37 asociad@s entre os que atopamos os nomes de xente como Xavier Queipo, Helena Villar Janeiro, Rafael Lema, Siro López, Concha Blanco, CHelo Suárez Muíños ou Xosé Vázquez Pintor.
Para visualizar o libro no computador a AELG recomenda o software gratuíto Calibre, que se pode descargar aquí: http://calibre-ebook.com/download.