A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña presenta o vindeiro sábado 30 de novembro a I edición de Pílulas de (T)alento, unha actividade dirixida especialmente á xente moza: 9 propostas moi diferentes, con 9 persoas moi singulares para nun tempo moi curto (13 minutos) contar unha experiencia, un saber, un desexo…
Intervirán:
- Soñar en galego con Manel Cráneo
- O outro lado do poema con Lucía Aldao
- 01/01/2019. Un antes e un despois con Alba Rodríguez Carrera
- A desaparición da noite con Martin Pawley
- Dignidade, solidariedade e humildade con Garchu de Ezetaerre
- De Mareas Vivas a Mareas Negras con Marcos Nine
- El gallego mola mazo con Afra Torrado
- A min non me preguntes, eu só vin rebolar con Aquel-e
- Bogando na maruxía con este oficio con Isabel Risco
Pílulas de (T)alento dará comezo a partires das 11.00 h. no local da Agrupación, na rúa Olmos, 16 da Coruña. A actividade é de balde mais é necesaria inscrición. Pódese facer dende a seguinte ligazón.