O sábado 9 de marzo a libraría Couceiro (Pza. de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela cumpre 50 anos e queren celebralo con todos os amigos e clientes. Aínda que ao longo de todo o mes de marzo a libraría ten previstas varias actividades como encontros de escritores con alunos de centros educativos de toda Galicia ("Libros: lectura e escritura en primeira persoa), unha xornada aberta ao público dun obradoiro de escritura... o propio día 9 queren facer unha grande festa con música e contacontos.
Programa.
12.15 h. Vivas e atranque das "Generalinhas" da Semente.
12.45 h. Actuación de De ninghures.
De Ninghures é unha agrupación de xente nova que propón unha escolma de temas que beben do tradicional e conflúen con novos sons, todo nunha atmosfera de festa e diversión.
13.45 h. Actuación de Os trés pés.
Eles son O Leo, Roberto Sobrado e Xosé Constenla. Desenvolverán o espectáculo titulado 'Os Tres Pés para 10501001000 Couces máis'.
18.00 h. Contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín e de Soledad Felloza.
Ademais, durante todo o mes de marzo a libraría fará un desconto do 5% en todo o seu fondo.