A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, tras a última xuntanza mantida o pasado 15 de xaneiro na Cidade da Cultura de Compostela, escolleu en asemblea extraordinaria a nova directiva de GÁLIX.
Francisco Castro, presidente da asociación nestes últimos catro anos, deixa paso agora a Xosé Antonio Perozo como máximo responsable da entidade que celebrou o pasado ano os seus 25 anos de existencia.
O resto da xunta directiva queda conformada do seguinte xeito:
Vicepresidenta 1ª: Mercedes Cerdeiras.
Vicepresidente 2º: Francisco Castro.
Secretaria: Sabela González.
Tesoureiro: Antonio Manuel Fraga.
Vogal de Tradución: Ana Luna.
Vogal de ilustracións: Antonio Seijas.
Vogal de investigación e relacións internacionais: Antía Marante.
Vogal de bibliotecas: Reme Vázquez.