A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), organiza na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, coa colaboración do profesorado de lingua do centro, as segundas xornadas Desfacendo a raia, unha actividade aberta ao público que ten como obxectivo facilitar o intercambio entre axentes do libro infantil e xuvenil, neste caso co alumnado da facultade.
Programa
10.50 h. Inauguración.
Coa presenza do vicedecano da Facultade de Educación e de Xosé A. Perozo, presidente de Gálix.
11.00 h. Conferencia “Muller e memoria”.
Con Susana Sánchez Arins, escritora e profesora.
12.00 h. Encontro María Victoria Moreno: Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros.
Mesa redonda dedicada á escritora á que se lle dedica en 2018 o Días das Letras Galegas, na que participarán o presidente de Gálix, Xosé Antonio Perozo, como moderador, a escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Manuel Uhía.