O premio literario Frei Martín Sarmiento, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, ven de presentar as obras finalistas correspondentes a súa undécima edición.
A característica principal deste premio é que son os propios alumnos destes centros quen escollen as obras gañadoras, divididas en cinco categorías (segundo os rangos de idade) máis unha sexta categoría, para adultos.
Finalistas do X premio literario Frei Martín Sarmiento
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
Toc-Toc (Galaxia), de Pablo Díaz.
Raro (Tambre) de Marcos Calveiro.
Catuxa quere saber (Everest Galicia) de Concha Blanco.
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
Marcopola e a illa remeira (Xerais) de Jacobo Fernández.
O gato fantasma (Xerais) de Xelís de Toro.
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
Soños de mar (Xerais) de X.H. Rivadulla Corcón.
Os Sabuxos entran na casa co pé esquerdo (Xerais) de Jaureguizar.
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
Andainas de Pedro Chosco (Everest) de Pepe Carballude.
Améndoas e flores silvestres (Baía) de David Vázquez.
5ª categoría: 3º e 4º de ESO
Dragal III (Xerais) de Elena Gallego Abad.
Bágoa da lúa (Galaxia) de Sabela González.