O premio literario Frei Martín Sarmiento, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, ven de presentar as obras finalistas correspondentes a súa décima edición. A característica principal deste premio é que son os propios alumnos destes centros quen escollen as obras gañadoras, divididas en cinco categorías (segundo os rangos de idade) máis unha sexta categoría, para adultos.
Finalistas do X premio literario Frei Martín Sarmiento
- 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
Rebelión na charca (Sotelo Blanco) de Miro Villar (Textos) e Ana Santiso (Ilustracións).
A pomba dona Paz (Xerais) de Ramón caride (Textos) e Pepe Carreiro (Ilustracións).
- 2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
Malos tempos para fantasmas (Xerais) de Agustín Fernández Paz (Textos) e Patricia Castelao (Ilustracións).
O monstro das profundidades (Everest) con textos e ilustracións de Manuel Uhía.
- 3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
A verdadeira historia da mosca da tele (Galaxia) de María Solar (Textos) con ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez.
O recendo das clementinas (Tambre) de An Alfaya (Textos) e Laura Catalán (Ilustracións).
- 4ª categoría: 1º e 2º de ESO
Misterio resolto (Everest) de Concha Blanco (Textos) e Andrés Meixide (Ilustracións).
O elefante branco (Tambre) de Xesús Fraga.
- 5ª categoría: 3º e 4º de ESO
O corazón de Xúpiter (Xerais) de Ledicia Costas.
O neno can (Galaxia) de Fina Casalderrey e Francisco Castro.