A 50ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bologna ven de seleccionar ao ilustrador galego David Pintor para expor as súas obras na Mostra de Ilustradores de dita Feira, a máis importante de Europa dedicada ao libro infantil e xuvenil, que se celebrará do 25 ao 28 de marzo. Esta lista reúne un total de 87 artistas plásticos de todo o mundo.
Estar en Bologna non é novo para David Pintor, xa que o seu traballo fora seleccionado nos anos 2007, 2010 e 2011. Nesta ocasión o artista coruñés mostrará as ilustracións realizadas para o libro Nel bosco della baba jaga, Fiabe dalla Russia, publicado por Panini e que conta con ilustracións, amais das de David Pintor, de Fabio Facchinetti, Clotilde Perrin, Anna Castagnoli, Pep Montserrat, Sacha Poliakova, Valerio Vidali, Jozef Wilkon, Artem Kostyukevich .
A importancia de estar presente en Bologna radica no seu nivel áltamente profesional. Na última edición recibiu case 1.300 expositores de 67 países e a visitaron preto de cinco mil representantes e axentes do sector do libro infantil.