A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galgea (AS-PG), co patrocinio de CEDRO, organizan unha nova edición das Xornadas de Literatura e Ensino, que este ano chega a súa quinta convocatoria baixo o título Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016).
As xornadas, que teñen entre os seus obxectivos achegar ao profesorado experiencias novidosas para o seu traballo na aula, así como ofrecer un mapa provisional da literatura galega contemporánea, facilitar un foro de reflexión a respecto da perspectiva literaria máis recente e incidir en prácticas que posibiliten a estimulación creativa escrita do alumnado, desenvolveranse o vindeiro 15 de outubro no IES Fontiñas de Santiago de Compostela.
Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016) está dividido en castro grandes bloques, titulados: "Como explicar a historia da literatura galega desde o século XXI?", "Ficcións narrativas para conquistar novos públicos", "Obradoiros literarios con propostas de textos contemporáneos para as aulas" e "Que literatura galega nos piden os tempos?", que serán desenvolvidos por diferentes profesionais que se achegarán ata a capital do país, como Xosé Monteagudo, Francisco Castro, Ledicia Costa, Xosé Duncan, Antía Otero ou Camilo Franco, entre outros moitos.
A matrícula é de balde e pode formalizarse dende o 15 de setembro até o 13 de outubro na web da www.as-pg.gal
Programa
Café para tres
9.30 h. - 11.30 h.
Como explicar a historia da literatura galega desde o século XXI?. Con Dolores Vilavedra,Isaac Lourido e Teresa Seara.
Sesión vermú
11.30 h. - 13.30 h.
Ficcións narrativas para conquistar novos públicos. Con Xosé Monteagudo, Ledicia Costas e Xosé Duncan.
Sobremesa en acción
16.00 h. - 18.00 h.
Obradoiros literarios con propostas de textos contemporáneos para as aulas. Con Rosalía Fernández Rial (teatro / poesía), Antía Otero (poesía / videocreación) e Francisco Castro (narrativa).
Hora da merenda
18.00 h. - 20.00 h.
Que literatura galega nos piden os tempos?. Con Camilo Franco, Helena González e Álex Alonso.