O 29 de abril estrearase a adaptación teatral da novela infantil Chamádeme Simbad, de Francisco Castro. Trátase dunha produción da Escola Municipal De Teatro de Vigo en colaboración coa Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga).
Estamosa diante dunha obra pensada para o público familiar, que percorrerá os diferentes teatros de xuño a novembro.
Chamádeme Simbad, publicado por Galaxia no ano 2009 na súa coleccón Árbores, acadou ata o de agora diferentes premios como Frei Martín Sarmiento, Fervenzas Literarias ao Mellor libro infantil do ano e foi incluído na lista de honra do IBBY.
A novela de Francisco Castro conta a relación dun neno co seu avó que padece alzheimer.